
A Vedra elemental descóbrese a través dos catro elementos, os cales definen a un concello que dirixe as súas olladas cara á auga do río Ulla, á terra do seu val, ao aire amparado pola serra do Pico Sacro e ao lume da calor das súas xentes.
O importante patrimonio natural, cultural, arquitectónico, etnográfico e gastronómico de Vedra permitiranos coñecela historia desta terra elemental, unha terra con pasado que mira cara o futuro.
SonVedra. Campaña de Turismo
Cando nos propuxemos crear unha nova campaña turística para o concello partimos dunha idea:
Darlle a Vedra nome propio, a través dun slogan directo onde se destacaran aqueles trazos máis salientables que a caracterizan, e que fan que teña unha personalidade propia, e única, como toda persoa e como todo territorio.





















